Achégate ás nosas redes para descubrir o día a día de Femupo, estar ao tanto de novas iniciativas, coñecer recursos para as asociacións e sensibilizarte sobre o contexto actual das desigualdades e violencias que afectan ás mulleres.
FEMUPO SOMOS...
...unha equipa de mulleres activas loitando pola igualdade e a diversidade, os nosos dereitos e a visibilización do noso papel na sociedade. Traballamos cada día cara comunidades máis equitativas, onde todas as persoas teñamos voz, oportunidades e futuro. Xuntas construimos un espazo seguro de compromiso e sororidade apostando por un feminismo presente no día a día: accesible, transversal e con impacto.
Visita as diferentes seccións do sitio web para coñecer todas as actividades, eventos e proxectos que levamos a cabo dende Femupo, principalmente na provincia de Pontevedra.
Entra na web Plan Corresponsables Femupo para sumarte ás formacións gratuítas e acceder á aula virtual. Tamén atoparás información no instagram @corresponsables_femupo.
FEMUPO NACE...
...para ser o eco de moitas mulleres da provincia de Pontevedra, das súas voces, das súas historias e das súas vidas. Agrupamos entidades diversas cun mesmo obxectivo: pasar da igualdade formal á igualdade real a través do tecido asociativo e da forza que se xera nas redes de mulleres e nas nosas xuntanzas.
Es unha asociación ou entidade e queres federarte?
Ponte en contacto con nós a través do correo electrónico federacionmullerespontevedra@gmail.com ou chamando ao 623 534 418 para solicitar toda a información que precises sen ningún tipo de compromiso.
Acompañarémoste durante o proceso e a tramitación, pero has de saber que...
é de balde!