Aquí atoparás outros proxectos e actividades que desenvolvemos dende Femupo grazas ao apoio de entidades e profesionais: formación tecnolóxica e xurídica, campamentos para a conciliación familiar, atención especializada e o noso podcast O fío que nos une. Se queres coñecer con máis detalle as accións que realizamos durante o curso 2025-2026, bótalle unha ollada á Revista Femupo. Para estar ao tanto do movemento da federación no día a día, síguenos na conta de Instagram @femupo.
Programa de formación gratuíta no manexo de drons para 16 mulleres da provincia de Pontevedra.
Programa lúdico-educativo para nenas e nenos que facilita a conciliación das familias das socias.
Podcast de Femupo con entrevistas onde se comparten experiencias e reflexións dentro do Convenio Mulleres en Construción.
Atención integral e especializada ás mulleres, xurídica e psicolóxica, dentro do Convenio Mulleres en Construción.
Xornadas formativas sobre violencia de xénero dende o ámbito da igualdade legal e formal dentro do Convenio Mulleres en Construción.