Real Club Náutico de Sanxenxo
12 de marzo de 2022
A primeira edición dos Premios Mulleres FEMUPO naceu co obxectivo de recoñecer e facer visible o talento, a forza e o compromiso das mulleres e entidades que traballan pola igualdade na provincia de Pontevedra. Foi un acto emotivo e pioneiro, onde se puxo en valor o papel transformador das mulleres en sectores clave da sociedade.
Andrea González Pérez – Pianista e xestora cultural (Tui)
Premiada pola súa traxectoria artística internacional e a súa labor como promotora cultural a través do International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM), Andrea é un exemplo de excelencia e compromiso coa visibilización das mulleres na cultura e na música.
As Abellonas – Equipo feminino do Clube de Rugby Coreti (Lalín)
Recoñecidas polo seu compromiso coa igualdade no deporte e por representar con forza o rugby feminino galego, As Abellonas son exemplo de entrega, cohesión e superación nun sector tradicionalmente masculinizado e, á vez, nunha disciplina especialmente masculinizada.
CIM Sanxenxo – Centro de Información á Muller (Sanxenxo)
Pola súa traxectoria como servizo municipal de apoio, asesoramento e empoderamento das mulleres. Destaca pola súa labor integral en igualdade, formación, atención psicolóxica e prevención da violencia de xénero.
Ardora Formación e Servizos – S. Cooperativa Galega (Nigrán)
Premiada polo seu compromiso coa formación, a economía social e a promoción da igualdade de xénero en sectores como o pesqueiro, o medio ambiente ou a cooperación internacional. Unha cooperativa que pon ás mulleres no centro.