Femupo Forma é un programa de formación a persoas e entidades socias en prevención de violencia de xénero co obxectivo de crear unha rede de profesionais capacitadas.
En Femupo coidamos das nosas asociacións federadas, de aí esta iniciativa pensada para que conten con coñecementos actualizados, criterios claros e recursos prácticos á hora de previr, detectar e acompañar ás mulleres que o precisen á vez que melloramos a profesionalización deste tipo de accións esenciais.
Desenvólvese grazas ao Convenio Mulleres en Construción, unha estrutura global que abrangue varias accións de loita contra as violencias machistas, sendo un dos piares fundamentais da federación. Articula unha rede integral de prevención, formación e atención onde se abordan este tipo de violencias e situacións dende múltiples perspectivas complementarias e interseccionais.
Porque cando fortalecemos ás entidades, fortalecemos tamén a resposta colectiva fronte ás violencias. Xuntas sumamos forzas no camiño cara a igualdade real e efectiva.