Dende Femupo levamos a cabo iniciativas e actividades en colaboración con diversas entidades para fortalecer a cooperación entre todos os axentes sociais implicados no camiño cara a igualdade real entre mulleres e homes, pasando por varias esferas da vida (educación formal e coeducación, contornas laborais, formacións profesionais, conciliación e corresponsabilidade, ocio e tempo libre...) e dende diferentes enfoques (sensibilización, prevención, atención, asesoramento e acompañamento) pero sempre coa mesma meta.
Programas de formación a persoas e entidades sociais en prevención da violencia de xénero dentro do Convenio Mulleres en Construción.
Programa de acompañamento e apoio individualizado ás mulleres vulnerables da provincia de Pontevedra.
Actividades de prevención da submisión química, principalmente entre a mocidade, baixo o Convenio Mulleres en Construción.
Servizos de prevención da violencia de xénero en centros educativos dentro do Convenio Mulleres en Construción.