Este ano estreamos Femupo Emprego, unha bolsa de emprego con doble funcionalidade: buscar traballo e/ou solicitar persoal. Poñemos en contacto talento e oportunidades, facilitando a empregabilidade das mulleres e outras persoas interesadas da provincia de Pontevedra e creando un proceso de busca de emprego máis accesible e sin intermediarias. Síguenos no Instagram @femupoemprego e activa as notificacións para non perderte ningunha oferta ou actualización. Se precisas máis información, podes poñerte en contacto con nós na seguinte dirección de correo electrónico: femupoemprego@gmail.com.
BOLSA DE EMPREGO
A nosa bolsa de emprego ten como finalidade poñer en contacto ás persoas que buscan traballo con empresas e outras entidades que precisan incorporar persoal. A inscrición é gratuíta e os datos serán utilizados exclusivamente para a xestión interna e comunicación de ofertas compatibles co perfil profesional da candidata. Femupo actuará como facilitadora entre ambas partes, pero non garante a obtención do emprego.
Poderás acceder a ofertas laborais actualizadas, recibir información sobre oportunidades de traballo e reducir a carga mental que supón un proceso como é o de busca de emprego. Ademais, estarás acompañada por unha entidade de apoio como é Femupo. Sabemos que as mulleres somos pobres en tempo e atopamos obstáculos específicos á hora de entrar no mercado laboral (coidados, infravaloración de cualidades e capacidades, roles e estereotipos...), por iso levamos a cabo accións que atendan a necesidades e demandas reais, poñendolle intención a cada paso, cara un impacto real no teu futuro e no de todas.
So tes que completar un breve formulario no botón de inscrición, consultar as ofertas publicadas nas historias e publicacións de @femupoemprego e amosar o teu interese cando unha solicitude encaixe co teu perfil para que Femupo realice a preselección entre todas as candidatas e remita a escolla á empresa, que poderá poñerse en contacto contigo.
OFERTA DE EMPREGO
As inscricións para empresas e outras entidades da provincia serven para solicitar a difusión dunha oferta de traballo a través das canles de Femupo Emprego, que actúa como figura intermediaria coas persoas candidatas para realizar unha preselección de perfís en función dos requisitos indicados. Os datos facilitados serán utilizados exclusivamente para xestionar, dar a coñecer e tramitar a oferta de emprego.
Ademais de contactar con profesionais cualificadas da provincia de Pontevedra, será un proceso rápido, sinxelo e eficaz no que a túa empresa pon as condicións. A inscrición e totalmente gratuíta e non haberá ningún custo ao longo do proceso. Se es unha pequena empresa ou de comercio local, o aforro de tempo e enerxía que supón a elaboración do cartaz de difusión da oferta, dala a coñecer nas redes sociais e ás persoas interesadas, preparar a recepción de currículums, atender ao correo electrónico e facer a preselección terá un grande impacto positivo na túa actividade.
So tes que rexistrar a túa oferta nun breve formulario, permitindo que Femupo se encargue de analizar e escoller as candidaturas que mellor se adapten ás túas necesidades e poida enviarchas para que ti decidas o seguinte paso sen ningún compromiso.