Finca Batacos de Salcedo
11 de abril de 2026
Nesta edición dos Premios Mulleres Femupo voltamos a demostrar que cando as mulleres nos unimos, nos impulsamos e nos recoñecemos, o resultado colectivo ten un impacto máis poderoso e resulta inesquecible. Seguimos xuntas, seguimos avanzando.
Vídeo completo co directo da gala
Montse e Meis – Colareiras (O Grove)
Mulleres que representan resiliencia, memoria e cultura vida, gardando un patrimonio que forma parte da nosa historia colectiva e do noso mar. Mulleres coidando a memoria, coidando o territorio e amosando a forza do traballo non so en equipo senón literalmente en familia.
Fai click na imaxe para coñecer máis sobre as Colareiras do Grove.
Veteranas Vila de Cangas – Equipo feminino de remo (Cangas)
Todas elas ensinan que nunca é tarde para remar xuntas cara novos horizontes, sendo exemplo de compromiso e perseverancia. De novo, arraigadas nun dos elementos que representan o territorio galego, este grupo de mulleres rachan coas barreiras que aínda persisten no sector.
Fai click na imaxe para coñecer máis sobre as Veteranas do Vila de Cangas.
Raquel Touceda – Fresas Touceda (A Estrada)
Este proxecto abre o camiño para o emprendemento non so feminino senón tamén no rural, apostando pola calidade e pola sostibilidade. Producto de proximidade, de comercio xusto, saudable e dirixido por unha muller da provincia que se convirte en referente para todas.
Fai click na imaxe para coñecer máis sobre Raquel e a súa empresa.
CIM A Lama – Centro de Información á Muller (A Lama)
Traballo constante, silencioso pero imprescindible para todas as mulleres ás que acompañan, atenden e defenden neste servizo de proximidade. Os CIM sosteñen a rede de atención ás mulleres vulnerables e/ou vítimas de vioxén como punto de partida aínda dende unha posición invisibilizada.
Fai click na imaxe para coñecer máis sobre o CIM da Lama.
Albor Mulleres Rurais – Asociación (Valga)
Unha longa traxectoria que tece rede fronte ao illamento social e á soidade non desexada, sendo espazo de participación activa, encontro e apoio mutuo no rural, unha contorna onde as cargas de coidados se multiplican e as situacións de vioxén presentan maiores complicacións.
Fai click na imaxe para coñecer máis sobre o CIM da Lama.
Entre outras sorpresas, este ano os Premios Mulleres Femupo tiveron banda sonora...