As Xornadas Xurídicas de Femupo acollen sesións formativas sobre violencias de xénero no ámbito legal e do Dereito, capacitando a profesionais, mulleres afectadas e outras persoas interesadas en especializarse.
Desenvólvense grazas ao Convenio Mulleres en Construción, unha estrutura global que abrangue varias accións de loita contra as violencias machistas, sendo un dos piares fundamentais da federación. Articula unha rede integral de prevención, formación e atención onde se abordan este tipo de violencias e situacións dende múltiples perspectivas complementarias e interseccionais.
III XORNADAS (2025)
Tras un período de pausa, voltaron as XXF coa súa terceira edición. Durante o 12 e 13 de novembro do pasado ano 2025, profesionais de diferentes ámbitos abordaron cuestións esenciais nunha cita que reafirma o compromiso de Femupo coa xustiza e os dereitos das mulleres e dos nenos, nenas e adolescentes, ofrecendo unha visión global e especializada sobre a protección xurídica das vítimas máis xoves, abordando o marco normativo, os procedementos de protección e as medidas de intervención.
As ponencias, realizadas xa en modalidade presencial, foron moderadas por Ana Rodríguez e retranmitíronse en streaming para aumentar a accesibilidade. Foron moitas as voces que coincidiron nun mesmo punto: a necesidade de analizar, escoitar e actuar. A protección das nenas, nenos e adolescentes fronte á violencia de xénero é unha responsabilidade colectiva que precisa dunha resposta integral e coordinada. Moitas grazas a todos e a todas un ano máis.
DÍA 1
MARCO NORMATIVO, DETECCIÓN E NNA VÍTIMAS
1.1. A violencia vicaria: proteción das NNA fronte á vioxén.
Belén Ruibido de la Torre (Rede Expertas en Igualdade CXPX)
1.2. Indicadores de risco. Procedemento administrativo de proteción.
Alna Jorge Ferreiro (Dir. Centro Escola Fogar Príncipe Felipe)
1.3. Estatuto xurídico do NNA vítima de vioxén. Garantías e medidas.
Paula Blasco Muela (Fiscalía Provincial de Pontevedra)
DÍA 2
NNA COMO VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
2.1. Informes periciais psicolóxicos e NNA en contextos de violencia.
Ana Izquierdo Galante (Psicóloga Clínica)
2.2. Impacto da vioxén nas relacións paterno-filiais e medidas.
María José Rodríguez Villar (Colexio de Avogados de Vigo)
2.3. Actuación policial especializada. NNA agresores e vítimas.
Natalia Feijoo Álvarez (Policía Nacional de Vigo-Redondela)
II XORNADAS (2021)
Tras o éxito das primeiras Xornadas Xurídicas VioXén Femupo organizadas o ano anterior, en 2021 lanzamos as II XXF. Nesta ocasión, o foco púxose sobre a adolescencia dado o aumento de casos de violencias de xénero detectados entre as mozas e mozos.
O obxectivo destas xornadas foi a formación especializada e actualizada das e dos profesionais que traballan contra as violencias machistas e especialmente coa mocidade.
Nas sesións, realizadas a través da aplicación Zoom, participaron axentes sociais, xuíces/as, fisacais, avogacía e representantes da Secretaría Xeral de Igualdade na Rede e da Subdelegación de Goberno que, dende as súas diferentes áreas de especialidade, abordaron a violencia contra as mulleres centrándose no impacto sobre a xuventude. Moitas grazas a todas estas persoas profesionais por compartir a súa experiencia e saberes e ás asistentes.
XORNADA 1
1.1. Recursos e atención ás mulleres sobre violencia de xénero.
María Belén Liste Lazara (Sub. Xeral VioXén)
1.2. Proxecto de LO de Proteción Integral á Infancia e Adolescencia.
Maravilla Martín Orellano (ICA de Alicante)
1.3. Excepción ao réxime xeral de dispensa da obriga a denunciar.
Joan Granero Peñalver (TSXC)
1.4. Proxecto Fénix. Prevención e integración con menores agresores.
Fernando González (Dir. Asociación Alar Galicia)
XORNADA 2
2.1. Aspectos xerais da violencia de xénero.
Silvia Pardo Prado (Colexio de Avogados de Barcelona)
2.2. A proba preconstituída. A revictimización.
Ricardo Antonio López Fernández (N1 de A Estrada)
2.3. Marco normativo: a violencia de xénero entre adolescentes.
María Josefa Santa Catalina Revelles (TSX de Madrid)
2.4. Interese superio do/a menor como criterio rector.
Ivana María Larrosa (Audiencia Provincial de La Rioja)
XORNADA 3
3.1. Protocolo de actuación e coordinación. Valoración do risco.
Jose Ángel Ruibal Pérez (Inspector Policía Local de Pontevedra)
3.2. Instrución dos delitos de vioxén cometidos por menores.
Raul López Martínez (TSX de Aragón)
3.3. Tipos de delitos e penas en vioxén e atención ás TICs.
Mercedes Martínez Mateo (Colexio de Avogados de Murcia)
3.4. Perspectiva asistencial da vioxén. Sistemas públicos de axuda.
María Rocío Lodeiro Matalobos (CIM A Estrada)
XORNADA 4
4.1. Quebrantamento, medidas de seguridade e consentimento da vítima.
Melysa López (Colexio de Avogados de Manresa)
4.2. Medidas preventivas sobre violencia de xénero dixital.
María Jesús Gallardo García (Equipo Técnico Menores de Pontevedra)
4.3. Intervención e recursos da Unidade VioXén de Pontevedra.
Manuela Vilaboy (Unidade VioXén Pontevedra)
4.4. Clausura das II XXF.
Belén Rubido de la Torre (Xulgado de Pontevedra)
I XORNADAS (2020)
No ano 2020, en plena pandemia da Covid-19, dende Femupo lanzamos as primeiras Xornadas Xurídicas VioXén en modalidadade a distancia para poder seguir traballando e capacitando a profesionais para intervir nunha etapa tan complexa como foi a do confinamento en cuestión de violencia de xénero: aumentaron os perigos e a dificultade para pedir axuda.
Estas I XXF foron así dirixidas ás persoas especializadas en violencia de xénero, ao persoal dos CIMs e outras persoas traballadoras de entidades sen ánimo de lucro. Todas as sesións, realizadas a través da aplicación Zoom, están a disposición de calquera usuaria na nosa canle de YouTube xunto cos materiais que cada poñente compartía durante a súa formación, subidos en vídeos curtos aparte.
Moitas grazas a todas as persoas que seguíchedes as I XXF tras a pantalla e a todas as poñentes pola acollida.
BLOQUE 1
ASPECTOS XERAIS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
1.1. Causas, orixes, manifestacións e consecuencias.
Carmen Alcayde Blanes (TSX de Murcia)
1.2. Igualdade de oportunidades, xénero e violencia.
Sonia Marín Alba (Fiscalía Provincial de Barcelona)
1.3. Marco normativo. Aspectos a destacar sobre o Pacto de Estado.
Sacramento Ruíz Bosch (TSX de Murcia)
BLOQUE 2
ASISTENCIA XURÍDICA ÁS VÍTIMAS DE VIOXÉN
2.1. A Lei e o Regulamento de Asistencia Xurídica. Turno de Oficio.
Patricia Medina (TSX de La Rioja)
2.2. Guía de Boas Prácticas. Defensa xurídica e Estatuto da Vítima.
Rocío Gutiérrez Gallardo (TSX de Cataluña)
2.3. A Orde de Afastamento e a de Protección.
Manuel Varela Rivadulla (Colexio de Avogados de Pontevedra)
BLOQUE 3
ÓRGANOS XURISDICIONAIS COMPETENTES
3.1. Competencia e procesos. Xulgados de Garda, Instrución, Muller.
Joana Ruíz Sierra (TSX da Comunitat Valencià)
3.2. Competencia relativa aos quebrantamentos, impagos...
María Teresa Franco Serrano (TSX de Castilla)
3.3. Procedementos penais: delitos leves e delitos rápidos en vioxén.
Sebastián Cerezo Canó (TSX de Cataluña)
BLOQUE 4
FASE DE INSTRUCIÓN
4.1. Recepción do atestado policial e principais dilixencias xudiciais.
María José Leonis (TSX da Comunitat Valencià)
4.2. Actuacións a ter en conta e outras dilixencias necesarias.
Nicomedes Rodríguez Gutiérrez (TSX de Andalucía)
4.3. Medidas cautelares e de protección das vítimas vioxén.
María Xesús Berzosa Ríos (TSX de Cataluña)
4.4. Dilixencias previas, apertura do xuízo oral e resolucións.
Adoración Amigo Rodríguez (TSX de Castilla)
BLOQUE 5
TIPOS PENAIS E PENAS NO ÁMBITO VIOXÉN
5.1. Tipos de delitos e principais problemas interpretativos.
Pino Hormiga Franco (TSX de Canarias)
5.2. O concurso de delitos e xurisprudencia máis relevante.
María Xesús Muñoz Campany (TSX de Murcia)
5.3. Tipos de pena. O quebrantamento das penas e medidas.
Yolanda Pardo (TSX de Cataluña)
BLOQUE 6
A PERSPECTIVA CIVIL VIOXÉN E OUTRAS VÍTIMAS I
6.1. Parellas de feito.
María Xosé Santa Catalina Revelles (TSX de Madrid)
6.2. Xuízo verbal de garda e custodia. Procedementos.
Daniel Sánchez Romero (Colexio de Avogados de Jeréz)
6.3. Os menores como vítimas en vioxén. Responsabilidade civil.
Pablo Ruíz Palacios (Colexio de Avogados de Murcia)
BLOQUE 7
A PERSPECTIVA CIVIL VIOXÉN E OUTRAS VÍTIMAS II
7.1. A tutela civil fronte á vioxén. A violencia económica.
Luis Pérez Losa (TSX de Cataluña)
7.2. Atribución de cargas e custodia dos fillos/as e visitas.
Victoria Trujillo Machuca (Colexio de Avogados de Madrid)
7.3. Competencia do JVM. Aspectos substantivos e procesais.
Elena García (TSX de Cataluña)